Obradoiro de encadernación
Coa chegada da libraria á praza de Cervantes decidimos montar nun dos andares un pequeno obradoiro de encadernación artesanal. Un recuncho no que a xente poda ver como imos restaurando e encadernando os nosos fondos de libro antigo que logo poñemos á venda.
 |
| Encadernacións e estoxos feitos no obradoiro |
Para darlle un valor engadido ao libro pareceunos unha boa idea ofrecerlle aos nosos clientes un novo servizo a través deste obradoiro; a posibilidade de personalizar os seus agasallos especiais mediante encadernacións artesanais ou estoxos feitos a medida a partir de libros mercados na nosa libraria.